rendemento

rendemento

render

Plural: rendementos
  1. s m

    Proveito ou beneficio que produce alguén ou algo nun traballo.

  2. s m
    1. Resultado que se deriva da actuación propia dunha determinada unidade económica referida a un certo período.

    2. Retribución que se percibe por un capital investido. Mídese como porcentaxe sobre o valor do investimento e é un indicador da súa eficiencia.

  3. s m [QUÍM ]

    Relación entre o número de moles do produto formado nunha reacción química, e o número de moles dun reactivo limitador na súa formación, alcanzando a estequiometría do proceso.

  4. s m [TECNOL ]

    Relación de proporcionalidade, directa ou inversa, establecida entre o efecto útil obtido nunha máquina e a enerxía consumida para obtelo.

  5. rendemento luminoso [IND ]

    Cociente entre o fluxo total emitido e a potencia consumida por unha lámpada, que se expresa correntemente en lumens por watt (lm/W).

Palabras veciñas

renda rendar rendeiro -ra rendemento render rendeta rendíbel