remontar

remontar

re- + montar

  1. v t

    Subir por un lugar superando obstáculos.

  2. v t

    Superar unha dificultade.

  3. v t

    Elevar polo aire a grande altura.

  4. v t

    Poñer novas solas ao calzado.

  5. v t [DEP ]

    Superar un resultado adverso nunha competición ou avanzar na clasificación.

  6. v t

    Poñer remontas a unha chaqueta ou pantalón.

  7. v t [BÉL ]

    Prover de novos cabalos ou mulas a cabalaría do exército ou dun corpo montado.

  8. v pron

    Elevarse a unha altura superior unha ave ou un avión.

  9. v pron

    Alcanzar retrospectivamente unha determinada época do pasado.

  10. v pron

    Pertencer a unha época pasada.

Citas

  • A embarcación remontou o río Lérez
  • Cando curei o paxaro remontouse e case non o vía
  • O Celta remontou un tres a cero
  • O manuscrito atopado remóntase ao século XV
  • O vento remontou o globo e perdeuse
  • Os feitos remóntanse ao século pasado
  • Remontaron a súa crise matrimonial
  • Remontei a chaqueta de coiro nos cóbados
  • Remontei as botas do inverno para gardalas

Frases feitas

  • Remontar o voo. Elevarse voando a unha grande altura.

Palabras veciñas

remollo remolque remonta remontar remonte remontoir* rémora