relaxación

relaxación

lat relaxatĭōne

Plural: relaxacións
  1. s f

    Acción e efecto de relaxar ou de relaxarse.

  2. s f [FÍS ]

    Oscilación eléctrica en que a amplitude aumenta lenta e progresivamente desde un valor inicial fixado ata un valor final determinado e volve ao valor inicial bruscamente.

  3. s f
    1. [FISIOL ]

      Diminución da tensión, en oposición á contracción.

    2. [PAT ]

      Diminución dunha dor.

  4. s f [DER/RELIX ]

    Acción xurídica pola que o reo do xulgado eclesiástico era enviado ao xulgado secular, para que este lle aplicase a pena debida.

Sinónimos