relación

relación

lat relatiōne

Plural: relacións
    1. s

      ínculo que liga a dúas ou máis cousas.

    2. s [FILOS ]

      ínculo ou referencia que existe ou que se supón entre dúas ou máis cousas, de tal xeito que, establecido un deles, hai que pensar á vez no outro.

    3. relación xurídica [DER ]

      ínculo de dereito que existe entre persoas ou entre persoas e cousas.

    4. relacións de produción [ECON ]

      ínculos das persoas establecidos arredor do proceso de produción de bens materiais, durante o proceso de traballo e que se modelan segundo o nivel histórico das forzas produtivas, segundo a interpretación de K. Marx.

    1. s

      ínculo de coñecemento, trato ou interese mutuo entre dúas ou máis persoas ou grupos sociais ou entre unha ou máis persoas e un ou varios grupos sociais.

    2. s

      Persoa coa que se ten trato ou amizade.

    3. relacións diplomáticas [DER ]

      Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos.

    4. relacións humanas / [PSIC/SOCIOL ]

      Interaccións que existen en todo grupo social, e máis particularmente entre os membros do cadro de persoal dunha empresa ou dunha entidade comercial.

    5. relacións públicas / [ECON/SOCIOL ]

      Conxunto de actividades dunha empresa ou dunha entidade de carácter público, feitas para influír na opinión pública e así atraer clientes.

  1. s f

    Acción de relatar ou referir algo que aconteceu.

  2. s f

    Lista de nomes, enderezos ou outras indicacións ordenadas.

    1. s

      Cociente entre dúas magnitudes de natureza análoga.

    2. relación de compresión [TECNOL ]

      Relación que existe nos motores endotérmicos entre o volume comprendido polo cilindro máis a cámara de combustión, cando o émbolo se atopa no punto máis baixo do seu traxecto, e este mesmo volume cando o émbolo está no punto máis alto.

  3. relación de masa-luminosidade [ASTRON ]

    Relación empírica descuberta por A. R. Eddington, que establece que, polo xeral, a luminosidade absoluta dunha estrela aumenta regularmente ao aumentar a súa masa.

Frases feitas

  • 2 Polo que respecta a.

Palabras veciñas

reixa rela rela relación relacionábel relacionable relacional