reitor -ra

reitor -ra

lat rectōre

Plural: reitores Masculino: reitor Masculino plural: reitores Feminino: reitora Feminino plural: reitoras
  1. adx

    Que rexe.

  2. s

    Persoa que dirixe unha universidade e o seu distrito.

  3. s

    Persoa que ten ao seu cargo o goberno dunha comunidade, dun hospital ou dun colexio.

  4. s m [RELIX ]

    Sacerdote que goberna unha parroquia.

  5. s m [HIST ]

    Maxistrado que presidía unha provincia durante o Baixo Imperio.

  6. s m
    1. Xefe da administración dun dos patrimonia en que se subdividía, na Idade Media, o Patrimonium Sancti Petri.

    2. Gobernador dunha provincia dos Estados Pontificios.

Formas incorrectas

rector -ra