regular

regular

lat regulāre

Plural: regulares
  1. adx

    Que se realiza conforme a unha regra, unha lei ou unha norma establecida.

  2. adx

    Que se fai, comporta ou funciona co mesmo ritmo ou fecuencia.

  3. adx

    Que non mostra cambios importantes.

  4. adx

    Que non se afasta do habitual.

  5. adx

    Que non é nin bo nin malo. Tm adv.

  6. adx [LING ]

    Que se axusta a un paradigma.

  7. adx
    1. Aplícase ao sacerdote ou conxunto de presbíteros que pertencen ás ordes relixiosas. Tm s, referido a persoa.

    2. Aplícase ás observancias que son regra nunha orde relixiosa.

  8. adx [BOT ]

    actinomorfo.

  9. adx
    1. Aplícase á figura en que todos os elementos da mesma categoría son iguais entre eles.

    2. Aplícase aos puntos da gráfica dunha función en que esta é derivable e a derivada é continua.

  10. adx [BÉL ]

    Aplícase aos soldados de orixe magrebí que estaban ás ordes de oficiais españois. Creáronse en 1911 e disolvéronse en 1956.

  11. sistema regular [FÍS ]

    sistema cúbico.

  12. tropas regulares [BÉL ]

    Tropas que pertencen ao exército permanente.