regueifa

regueifa

ár ar-ragîfa

Plural: regueifas
  1. s f

    Molete de pan adornado con ovo, caramelo, azucre e outros ingredientes con que se obsequia nas vodas aos convidados e aos veciños dos noivos.

  2. s f

    Disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas ou máis persoas.

  3. s f

    Roscón con que se premia a quen mellor o fai na regueifa.

  4. s f

    Discusión ou enfrontamento entre dúas ou máis persoas.