reclamo

reclamo

reclamar

Plural: reclamos
  1. s m

    Paxaro adestrado para que o seu berro atraia outros paxaros.

  2. s m [ORNIT ]

    Son co que un paxaro chama a outro da súa mesma especie.

  3. s m

    Instrumento con que se imita a voz dun paxaro para conseguir outros da súa especie.

  4. s m

    Aquilo que se fai para atraer a atención do público e incitalo a comprar un produto ou fomentar unha empresa.

  5. s m [HIST ]

    Palabra ou sílaba que nos libros antigos se adoitaba poñer ao pé de cada páxina e que era a mesma con que comezaba a páxina seguinte.