real

real

lat regāle

Plural: reais
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao rei, á raíña ou á realeza.

    2. adx

      Que está baixo o padroado do rei ou da raíña.

    3. real sitio [HIST ]

      Denominación dada aos palacios que foron residencia ocasional dos reis de España.

  1. adx

    Que se distingue doutras plantas ou animais cos que está emparentado por ter unhas características destacadas.

    1. s

      Unidade de conta correspondente a unha cuarta parte de peseta.

    2. real de Castela

      Moeda introducida polo rei Pedro I no s XIV.

    3. real de billón

      Unidade de conta usada na monarquía hispánica, de aliaxe de prata e cobre, xeneralizada desde o s XVIII e oficializada en 1809.