reactor

reactor

ingl reactor

Plural: reactores
  1. s m [AERON ]

    Motor de reacción que consome o osíxeno do aire como comburente e que funciona por reacción directa, sen accionar apenas a hélice.

  2. s m [AERON ]

    Avión que funciona cun ou máis motores de reacción.

  3. s m [QUÍM ]

    Recipiente no que se efectúa industrialmente unha reacción química.

  4. reactor nuclear [FÍS ]

    Dispositivo deseñado para producir, de maneira controlada, unha reacción nuclear, coa finalidade de aproveitarse da enerxía ou da radiación liberada.