rato

rato

lat v *rattu, probablemente voz onomatopeica

Plural: ratos
    1. s

      Roedor da familia dos múridos, de pequeno tamaño e coa cola longa, dos xéneros Apodemus, Galemys, Mus e Micromys.

    2. rato caseiro [Mus musculus]

      Roedor, da familia dos múridos, que ten o pelame pardo grisáceo, o fociño agudo, os ollos negros e pequenos e a cola anelada e escamosa.

    3. rato de almiscre

      auganeira.

    4. rato de campo [Apodemus sylvaticus]

      Roedor, da familia dos múridos que presenta o pelame pardo amarelento no dorso e o ventre branco grisáceo.

    5. rato espigueiro [Micromys minutus]

      Roedor da familia dos múridos, que ten a cola prénsil, e o pelame pardo no dorso e claro no ventre.

  1. s m [INFORM ]

    Dispositivo de diálogo que permite localizar un punto sobre a pantalla dun visualizador e actuar sobre el.

    1. s

      Peixe teleósteo, dos xéneros Nezumia, Trachyrhynchus e Coelorhynchus, que se caracteriza por presentar o corpo e o fociño moi alongados.

    2. rato chato [Malacocephalus laevis]

      Peixe que presenta o corpo gris ou acastañado, de pequeno tamaño e descendente en altura, a cabeza e a boca grande cunha barbela, o fociño curto e un órgano luminoso.

  2. rato de mar [ANIMAL ]

    Anélido poliqueto errante, da familia dos afrodítidos, que presenta o corpo ovado, e o dorso cuberto de serras curtas e finas.

Refráns

  • Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.
  • O rato da casa un día ou outro se caza.
  • O rato que non sabe máis dun furado cóllese axiña, se está tapado.
  • ¡Ratos, arriba!: que todo o branco é fariña.

Palabras veciñas

ratinar rating* ratio* rato rato ratume raumplan*