raposo -sa
raposo -sa
Plural:
raposos
Masculino:
raposo
Masculino plural:
raposos
Feminino:
raposa
Feminino plural:
raposas
-
-
s
Mamífero carnívoro, do xénero Vulpes, Alopex e Otocyon, da familia dos cánidos, de tamaño mediano.
-
s
Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, de pelame rubio, gris ou pardo, cabeza ancha, fociño apuntado, orellas grandes e triangulares e cola longa e densamente cuberta de pelame.
-
raposo orelludo [Otocyon megalotis]
Mamífero nocturno carnívoro, da familia dos cánidos, que presenta o pelame pardo amarelado, co fociño e os extremos das patas e o rabo negros.
-
s
-
raposo do mar
[ANIMAL/ICT ]
Peixe cartilaxinoso, da familia dos alópidos, que presenta o corpo cilíndrico, de cor cinsenta na parte dorsal e branca na ventral, co pedúnculo caudal delgado e sen quillas laterais, a cabeza pequena e o fociño arredondado e curto.
-
adx
Que obra con astucia para conseguir o que quere. Tm s.
-
adx
Que actúa de mala fe. Tm s.
Refráns
- Cada raposo garda o seu rabo.
- En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo ao can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
- En marzo nazo; en abril estou no cubil; en maio xa saio; en san Xoán xa fuxo ao can; na santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
- En san Xoán xa foxe o raposo ao can.
- Pola santa Mariña, xa o raposo pilla a galiña.