rapina

rapina

lat rapīna

Plural: rapinas
  1. s f

    Acción de rapinar.

  2. s f [DER ]

    Delito que consiste na subtracción violenta dunha cousa allea.

  3. ave de rapina [ORNIT ]

    1 rapaz.

    1. s

      Ave do xénero Circus.

    2. rapina arpella [Circus aeruginosus] [ANIMAL/ORNIT ]

      Ave da familia dos accipítridos, os machos co dorso marrón e a cabeza e o peito pardo claro e as femias cun antefaz escuro nos ollos.

    3. rapina cinsenta [Circus pygargus] [ANIMAL/ORNIT ]

      Ave da familia dos accipítridos, onde o macho é cinsento co ventre riscado e branco e a femia é castaña coas partes inferiores máis claras.

Sinónimos

Palabras veciñas

rapetón rapidez rápido -da rapina rapinar rapón raposa