raia
lat raia
-
-
s
Peixe cartilaxinoso que ten o corpo en forma de disco, a cola fina e longa, con dúas pequenas aletas dorsais no extremo, a aleta caudal reducida e a boca con placas dentarias ou pequenos dentes afiados.
-
raia bicuda [Raja oxyrinchus]
Peixe, da familia dos raíidos, que presenta un fociño apuntado, marxes anteriores do disco cóncavas e de cor cinsenta con pequenas manchas claras na parte superior.
-
raia cravuda/raia común [Raja clavata]
Peixe, da familia dos raíidos, que ten o disco romboidal, coas marxes anteriores onduladas, fociño obtuso e saínte e un dos aquillóns inserido no espazo intermedio.
-
raia marmórea [Raja undulata]
Peixe, da familia dos raíidos, que ten o disco arredondado coas marxes anteriores onduladas, a parte superior do disco de cor acastañada con manchas escuras e puntos brancos, e o fociño obtuso.
-
raia santiaguesa [Raja naevus]
Peixe, da familia dos raíidos, co disco arredondado lateralmente, de cor acastañada e con dentículos na maior parte da súa superficie.
-
s
-
raia tembladeira
[ANIMAL/ICT ]
tremedeira xaspeada.