radio

radio

lat científico radiu acrónimo fr radioactif ‘radioactivo’

Plural: radios
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento químico de número atómico 88 e peso atómico 226,0254, pertencente ao grupo II A da táboa periódica. Ten numerosas aplicacións derivadas da súa radioactividade, como a preparación de pinturas luminescentes e o tratamento de tumores.

  2. bromuro de radio [QUÍM ]

    Sólido en forma de cristais incoloros que se emprega na preparación do metal, en medicina e na preparación de pinturas luminescentes.

  3. cloruro de radio [QUÍM ]

    Sólido en forma de cristais amarelados moi corrosivos e extremadamente tóxicos, que se empregan en medicina e na preparación de pinturas luminescentes.