ra

ra

lat rāna

Plural: ras
  1. s f [ANIMAL ]

    Anfibio anuro de pel lisa, que vive preto da auga e dá grandes saltos.

  2. ra de santo Antón [ANIMAL ]

    1 rela.

  3. ra patilonga [ANIMAL ]

    Ra, da familia dos ránidos, endémica da Península Ibérica, que presenta cor dorsal entre parda ata vermella, a miúdo con manchas irregulares máis claras e os flancos e a zona ventral son claros.

  4. ra verde

    Ra, da familia dos ránidos, de cor xeralmente verde, cunha raia clara na parte dorsal e liñas laterais de cor distinta ao do fondo.

  5. ra vermella [ANIMAL ]

    Ra, da familia dos ránidos, que presenta a cor do dorso moi variable entre o ocre e o amarelo.

Refráns

  • Canta a ra e non ten pelo nin la.
  • Monte de ra, nio palla nin grá.
  • Se por marzo canta a ra, no maio xa calará.

Palabras veciñas

r r R ra Ra raba rabada