quinto -ta

quinto -ta
Plural: quintos Masculino: quinto Masculino plural: quintos Feminino: quinta Feminino plural: quintas
  1. num ord

    Que ocupa o lugar número cinco nunha serie.

  2. num ord

    Que equivale a cada unha das porcións que resulta de dividir un todo en cinco partes. Tm s m.

  3. s m

    recruta.

  4. s m

    Botella de cervexa que equivale a 1/5 de litro.

    1. s

      Beneficio que, a modo de dereito, percibía un señor ou un monarca sobre as vendas ou concesións e que se correspondía cunha quinta parte do valor das mesmas.

    2. quinto real

      Tributo percibido pola Coroa de Castela desde a época medieval, que correspondía á explotación das minas dos seus dominios.

  5. s m [NUMIS ]

    Moeda castelá, referida ao ordenamento de 1373, concedido polo rei Enrique II de Castela.