química

química

gr χυμικ ή , fem de χυμικός

Plural: químicas
  1. s f [QUÍM ]

    Ciencia que estuda a composición, a estrutura e as propiedades dos diferentes tipos de substancias, así como as súas transformacións recíprocas.

  2. química analítica [QUÍM ]

    Rama da química que comprende o conxunto de coñecementos teóricos que constitúen o fundamento da análise química.

  3. química biolóxica [BIOQ ]

    bioquímica.

  4. química física [QUÍM/FÍS ]

    Rama da química que estuda desde unha perspectiva física, os fenómenos químicos ou de interese para a química.

  5. química inorgánica [QUÍM ]

    Parte da química que estuda as propiedades, os métodos de preparación e as transformacións dos elementos químicos e os compostos inorgánicos.

  6. química orgánica [QUÍM ]

    Rama da química que estuda as propiedades, esteroquímica, estrutura e síntese dos compostos complexos de carbono.