querubín
querubín
hebr kerūbīm ‘os próximos’
-
s
m
Neno moi fermoso.
-
s
m
[HIST/RELIX ]
Espírito celestial que pertence ao terceiro coro da orde anxélica na xerarquía do Pseudo-Denís. A Biblia menciónaos en relación ao paraíso e sobre todo na representación diante da arca da alianza e no templo de Salomón.
-
s
m
[ARTE ]
Pintura ou escultura que representa un neno con dúas ás.