queratotomía

queratotomía

querato- + -tomía

Plural: queratotomías
  1. s f [MED ]

    Incisión cirúrxica que se practica na córnea.

  2. s f [MED ]

    Intervención cirúrxica que consiste en practicar unha serie de incisións corneais coa intención de corrixir un defecto ou unha malformación ocular.