quen

quen

lat quĕm

  1. pron rel

    Introduce, referíndose a persoas, unha oración subordinada en que desempeña a función de suxeito ou complemento, facendo referencia a un elemento anterior.

  2. pron int

    Introduce, referíndose a persoas, interrogacións directas ou indirectas, con función de suxeito ou complemento.

  3. exclam

    Introduce, referíndose persoas, enunciados exclamativos, con función de suxeito ou complemento.

  4. indef

    Funciona como suxeito ou complemento en oracións que forman parte doutra principal e equivale a ‘aquel que’, ‘o que’ ou ‘alguén que’.

Citas

  • Falei cos teus curmáns, quen me contaron o que che pasara, Foi ela quen chamou
  • Quen fora vinte anos máis novo!
  • Quen non mira non pode ver, Quen vaia recibirá un premio
  • Quen vai vir comigo?