apocodeína

apocodeína

apo- + codeína

Nome científico: C<sub> 18</sub> H<sub> 19 </sub> NO<sub> 2</sub> Plural: apocodeínas
s f [BIOQ ]

Éter monometílico da apomorfina co grupo metoxi en posición 10. Obtense da codeína por deshidratación. Emprégase en forma de clorhidato como expectorante, emético, hipnótico e purgante.