puntual

puntual

lat punctu ‘punto’

Plural: puntuais
  1. adx

    Que fai as cousas no momento sinalado.

  2. adx

    Que é exacto e minucioso.

  3. adx

    Que afecta ou atinxe a un só punto concreto de algo.

  4. adx [LING ]

    Aplícase ao aspecto da acción verbal considerada nun momento, nun punto do seu desenvolvemento.

  5. adx [FÍS ]

    Aplícase ás fontes radiantes de dimensións desprezables.

Citas

  • Adoita ser puntual
  • Deron información puntual sobre o suceso
  • Eses só foron algúns casos puntuais