psicodélico -ca

psicodélico -ca
Plural: psicodélicos Masculino: psicodélico Masculino plural: psicodélicos Feminino: psicodélica Feminino plural: psicodélicas
  1. adx
    1. Aplícase ao estado, obxecto ou fenómeno que, provocado por certas drogas ou por outro motivo, comporta unha particular exaltación da consciencia.

    2. Aplícase a certas drogas que provocan un estado de particular exaltación.

  2. adx

    Aplícase a calquera creación cultural, pensamento ou obxecto de imaxinación que diverxe radicalmente do que é normal ou racional.

  3. adx

    Que ten diferentes cores ou formas, discordantes e mal combinadas ou mesmo extremadamente novidosas.