protección

protección

lat protectĭōne

Plural: proteccións
  1. s f

    Acción e efecto de protexer ou protexerse.

  2. s f [ECON ]

    Conxunto de medidas establecidas para salvagardar a actividade económica nacional.

  3. s f [ENX ]

    Sistema destinado a detectar e a eliminar calquera defecto ou anomalía que se pode producir nunha liña, nunha máquina ou nunha instalación eléctrica.

  4. s f [INFORM ]

    Acción e efecto de protexer datos ou programas informáticos para evitar que sexan copiados.

  5. s f [BIOL ]

    Función mediante a que os seres vivos se protexen de factores nocivos ou do ataque dos agresores.

    1. s

      Aquilo que protexe.

    2. protección civil [SOCIOL ]

      Organización destinada á protección das persoas e dos bens en situacións de risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria.

    3. protección de menores [DER ]

      Órgano xurisdicional, integrado no poder xudicial coa denominación de xulgado de menores, ao que corresponde o exercicio das funcións reformadoras establecidas polas leis para os menores de idade autores de feitos que a lei tipifica como delito ou falta.

    4. protección dos metais [IND/QUÍM ]

      Recubrimento dunha superficie metálica que protexe da oxidación, da corrosión ou do desgaste.

Confrontacións

apoio

Citas

  • Contou coa protección do seu tío para ascender na empresa