prótase

prótase

gr πρότασις

Plural: prótases
  1. s f [LING ]

    Proposición subordinada, dentro dunha oración composta, que é completada pola principal. Úsase sobre todo nas oracións condicionais para representar a proposición subordinada condicional, completada pola principal, chamada apódose.

  2. s f [LIT ]

    Primeira parte dun drama ou poema narrativo, onde se expón o argumento.