prostitución

prostitución

lat prostitutĭōne

Plural: prostitucións
  1. s f

    Acción e efecto de prostituír ou prostituírse.

  2. s f

    Práctica de manter relacións sexuais con finalidade de lucro.

Refráns

  • Amor de rameira e viño de tarro, á mañá bo e a tarde malo.
  • Breva verde e moza de mesón apalpándoas veñen a maduración.
  • Moza de mesón non dorme sono con sazón.
  • Moza pobre e ben vestida, mal me cheira a chamusquina.
  • Muller que moito se arremanga é unha maturranga.
  • Quitar das faldras e poñer nas mangas, esas son maturrangas.