proposición

proposición

lat propositiōne

Plural: proposicións
    1. s

      Acción e efecto de propoñer ou propoñerse.

    2. proposición de lei [DER ]

      Texto que contén prescricións normativas presentado no Parlamento baixo a iniciativa do Congreso, do Senado ou das asembleas das comunidades autónomas.

    1. s

      Enunciado, sobre todo de carácter doutrinal, filosófico, teolóxico ou dogmático.

    2. proposición de fe [RELIX ]

      erdade de fe.

  1. s f
    1. Contido lóxico do xuízo, do acto mediante o que se afirma ou nega calquera cousa dalgunha cousa, na lóxica tradicional.

    2. Contido do coñecemento, determinado segundo a súa orixe ou a súa validez.

  2. s f [LING ]

    Conxunto de palabras organizado segundo a estrutura de oración.

  3. s f [LIT ]

    Parte do discurso en que o orador enuncia a materia de que quere tratar.

Sinónimos

Citas

  • Todos aceptan a súa proposición, Fixeron unha proposición de paz