propio -pia

propio -pia
Plural: propios Masculino: propio Masculino plural: propios Feminino: propia Feminino plural: propias
  1. adx

    Que é dunha persoa ou cousa con exclusión de todas as outras.

  2. adx

    Que é da propiedade de quen se expresa.

  3. adx

    Que é característico de algo ou de alguén.

  4. adx

    Que serve ou é adecuado para algo.

  5. adx

    Que se está designando con exactitude o ser ou o obxecto de que se fala.

  6. adx

    Que atinxe en exclusiva a quen se expresa.

  7. adx [LING ]

    Que é adecuado ao significado ou uso orixinal das palabras, en oposición a figurado.

  8. adx [MAT ]

    Aplícase á fracción ordinaria que ten o numerador menor ca o denominador.

Frases feitas

  • O propio. O mesmo. Ex: Como non os chamamos eles fixeron o propio.