promesa

promesa

lat promissa, pl de promissu

Plural: promesas
  1. s f

    Acción de prometer.

  2. s f

    Compromiso para realizar un acto ou contraer unha obriga.

  3. s f

    Ofrecemento feito a Deus ou a un santo de facer unha obra piadosa, condicionado ou non á obtención dunha graza.

  4. s f

    Persoa ou cousa que promete.

Confrontacións

exvoto

Citas

  • Converteuse nunha promesa da pintura

Refráns

  • A pobre non proQletas, e a rico non debas.
  • Antes • que prometas, mira como has cumplir o que prometes.
  • Cousa prometida é medio debida.
  • Cousa prometida é medio debida; e debida enteiramente, se, quen prometeu, non mente.
  • En Labrada, canto din hoxe, mañá non é nada.
  • Fidalgo de mala morte, o que di pola mañá non o cumpre pola noite.
  • Máis vale un favor feito, que cen apalabrados.
  • Máis vale un toma que dous che darei.
  • MeUor é non prometer, que prometer e non facer.
  • Ninguén diga Farei larei, que máis vale un toma que dous che darei.
  • Non é o mesmo predicar que dar trigo.
  • O home, pola palabra; e o boi, pola coma.
  • O que colle a angula polo rabo e a muller pola palabra, faga de conta que non colleu nada.
  • Ofrecer e non dar, aos tolos fai alegrar.
  • Palabras e plumas, o vento as leva.
  • Por prometer ninguén chegou a empobrecer.
  • Prometér ata meter e, despois de metido, nada do prometido.
  • Prometer e dar, a calquera fai alegrar.
  • Prometer é véspera de dar ou de mal quedar.
  • Quen promete, en débeda se mete.