produto

produto

lat productu

Plural: produtos
    1. s

      Cousa producida.

    2. s [ECON ]

      Resultado do proceso produtivo.

    3. produto interior bruto [ECON ]

      PIB.

    4. produto nacional bruto [ECON ]

      PNB.

    5. produto nacional neto [ECON ]

      PNN.

    6. produto social [ECON ]

      Agregado que representa o valor da produción material bruta, nun período determinado.

    7. produtos financeiros [ECON ]

      Instrumentos formais de relación entre os prestatarios de fondos, os que os achegan e os intermediarios.

    1. s

      Resultado de multiplicar dous ou máis números ou dúas matrices.

    2. produto escalar de dous vectores

      Dados dous vectores a e b, número real a·b definido como o produto dos módulos de a e b polo coseno do ángulo que determinan.

    3. produto mixto

      Dados tres vectores a, b e c, número (a, b, c) igual ao produto de a polo produto vetorial de b e c.

    4. produto vectorial de dous vectores

      Dados dous vectores a e b, vector a=b de módulo Ya=bY = YaY YbY sen (a,b), onde sen (a,b) é o seno do ángulo que determinan as direccións de a e b, que ten unha dirección perpendicular ao plano determinado por a e b, e un sentido igual ao sentido de avance dun tirarrollas que, aplicado no punto de concorrencia de a e b, vai do primeiro ao segundo.

  1. produto de solubilidade [QUÍM/FÍS ]

    Constante propia dos electrólitos pouco solubles, relativa á disociación da molécula.

  2. produto químico [QUÍM ]

    Produto que resulta dunha reacción ou dalgunha outra operación ou proceso químico.

Formas incorrectas

producto