proceso

proceso

lat processu

Plural: procesos
  1. s m proceso cognoscitivo [PSIC/PEDAG ]

    Serie de fases ou etapas sucesivas que constitúen un feito ou un fenómeno.

  2. s m

    Período de tempo que dura o desenvolvemento dunha cousa.

    1. s

      Conxunto de actuacións e escritos xurisdicionais, postos polo estado a disposición dos particulares ou del mesmo, que poden ser civís, penais, administrativos ou laborais.

    2. proceso civil

      Conxunto de actuacións xudiciais en que se debaten intereses regulados por normas de dereito privado.

    3. proceso penal

      Conxunto de actuacións xudiciais encamiñadas a descubrir as causas que concorren na perpetración dun delito e determinar a culpabilidade dos participantes.

  3. s m [INFORM ]

    Secuencia definida de operacións.

  4. s m [PAT ]

    Evolución dunha serie de fenómenos ou lesións anatómicas relacionados cunha enfermidade.