procesión

procesión

lat processĭōne

Plural: procesións
  1. s f
    1. [RELIX ]

      Grupo de eclesiásticos e fieis que desfilan solemnemente, acompañando unha imaxe, unha reliquia ou un personaxe.

    2. Conxunto de persoas, animais ou cousas que avanzan ordenadamente.

  2. s f [RELIX ]

    Acción pola que o Espírito Santo, na doutrina trinitaria, procede do Pai e do Fillo.

Refráns

  • Ano de procesión, ano de benzóns.
  • Dilín, dilón que pasa a procesión;dilín, dilón, que as doce logo son;dilín, dilán, que todos nela van; dilán, dilín, que ao cabo en non a vino
  • Se a procesión "dos Dolores" sae, tamén saen as demais.