primitivo -va
primitivo -va
lat primitīvu
-
adx
Relativo ou pertencente á orixe dunha cousa.
-
adx
Que non deriva de nada.
-
adx
Que se formou antigamente.
-
adx
Que está construído ou feito sen perfeccionamentos nin refinamentos.
-
adx
-
Aplícase a cada un dos obxectos matemáticos iniciais que están caracterizados só polos axiomas dunha teoría matemática.
-
Aplícase á función f tal que, dada unha función g, a derivada de f é g.
-
-
cores primitivas
[FÍS ]
Sete cores principais do espectro solar.
-
estado primitivo
[ANTROP/CULT ]
Sistema de integración política que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control, baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala.
-
sociedades primitivas
[ANTROP/CULT ]
Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental, segundo a teoría evolucionista.