primario -ria

primario -ria

lat primarĭu

Plural: primarios Masculino: primario Masculino plural: primarios Feminino: primaria Feminino plural: primarias
  1. adx

    Que é o primeiro no tempo ou nunha gradación comezando polo grao inferior.

  2. adx

    Que é moi importante ou necesario.

  3. adx, s m [ESTRATIG ]

    paleozoico.

  4. adx [ASTRON ]

    Aplícase aos planetas propiamente ditos por oposición aos planetas secundarios ou satélites.

  5. adx [ENX ]

    Aplícase ao circuíto dun transformador que recibe a potencia directamente da fonte de enerxía. Tm s m.

  6. adx [QUÍM ]

    Aplícase aos átomos de carbono saturados que, nunha estrutura complexa de dous ou máis átomos de carbono, se atopan unidos unicamente a outro átomo de carbono.

  7. patrón primario [QUÍM ]

    Substancia a partir da que se poden preparar disolucións de concentración exactamente coñecida, empregadas para valorar disolucións doutros reactivos.

Palabras veciñas

primado primar primar primario -ria primate primavera primaveral