prima

prima

lat prima ‘primeira’

Plural: primas
  1. s f

    Gratificación monetaria que se dá a alguén como recompensa polo seu traballo, independentemente do soldo.

  2. s f

    Suma pagada polo asegurado a unha compañía de seguros.

  3. s f [ECON ]

    Suma que, en certas operacións de bolsa, o comprador paga ao vendedor polo dereito de anular o contrato.

  4. s f [ECON ]

    Premio pecuniario dado polo Estado ou por unha institución, a unha empresa que toma ao seu cargo unha acción de utilidade pública.