previsión
previsión
lat praevisĭōne
-
s
f
Acción e efecto de prever.
-
s
f
[ECON ]
Reserva constituída para cubrir unha necesidade predeterminada.
-
previsión do tempo
[METEOR ]
predición do tempo.
-
previsión social
[DER ]
Conxunto de normas legais en favor dos traballadores, integrada en España no sistema da seguridade social, a través do Instituto Nacional de la Seguridad Social, as mutualidades laborais e as mutuas patronais.
Refráns
- Busca pan para maio e leña para abril e bótate a durmir.
- De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño.
- Deixa qué comas e non qué pagues.
- Deixa qué comer e non deixes qué facer.
- Dúas veces pon a mesa quen come e deixa.
- Entre moza e mozo convén sempre un muro groso.
- Garda no verán da mocidade para o inverno da idade.
- Gran a gran, procura ter para o inverno e máis para o vran.
- Hai que saber que hai mañá.
- Mira adiante e non quedarás atrás.
- Mira para di ante e non caerás.
- Nin casa á beira do río nin viña ao pe do camiño.
- No setembro come e vende, mais non sexa tanto o comer, que non deixes qué vender.
- Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.
- O que adiante non mira, atrás queda.
- O que non garda leña para abril, non sabe vivir.
- O que pensa a onde vai, esquece ás veces de onde vén.
- Quen adiante non mira, para atrás se volve.
- Un tempo bo trae outro tempo malo.
- Vale máis un por se acaSo que un ¡quen pensara!