pretérito -ta
pretérito -ta
lat praeterĭtu, p p de praeterīre
-
adx
Que pertence ao pasado.
-
s
m
[LING ]
Denominación xenérica do tempo verbal que, respecto ao presente do que fala, expresa acción pasada, sen precisar o aspecto de duración de acabamento.
-
pretérito de subxuntivo
[LING ]
Tempo verbal de modo subxuntivo que expresa orientación retrospectiva, simultánea ou prospectiva respecto a un referente pasado ou presente, e orientación retrospectiva e simultánea respecto a un referente futuro.