préstamo

préstamo

prestar

Plural: préstamos
  1. s m

    Acción e efecto de prestar.

  2. s m

    Contrato segundo o que unha persoa ou entidade social recibe doutra unha cantidade determinada de cartos, coa condición de devolvelos nuns termos e nunhas condicións preestablecidas.

  3. s m [LING ]

    Elemento que unha lingua toma doutra.

Confrontacións

empréstito

Citas

  • empréstito, praestimonio (cult)

Refráns

  • A amiga e a espada, primeiro dada que emprestada.
  • A besta e a muller, que a preste quen quixer.
  • Alá vaias emprestado, de onde veñas melIorado.
  • Do amigo que non che empreste, fuxe coma da peste.
  • Gran emprestado tarde ou nunca volve ao celeiro.
  • Home que empresta sen interese, nunca rico é.
  • O moito presumir ou dá que chorar ou dá que rir.
  • O que empresta, axuda a vivir.
  • O que empresta, perde o amigo.
  • O que non ten capa en xaneiro non lle emprestes diñeiro.
  • O que se pilla emprestado, ben collido e mal pagado.
  • Quen empresta a un amigo fai un inimigo.
  • Quen me empresta, algo me gobema.
  • Quen pide emprestado, unhas veces ponse amarelo e outras colorado.
  • Xa morreu o emprestar, que o matou o mal pagar.