preparar

preparar

lat praeparāre

  1. v t

    Poñer unha cousa no estado de ser usada, aplicada ou de cumprir unha determinada función.

  2. v t

    Facer todas as cousas necesarias para que se poida realizar unha cousa.

  3. v t

    Facer que alguén se poña no estado físico ou mental axeitado para un fin.

  4. v t

    Estudar ou adestrar para superar unha proba. Tm v pron.

  5. v t

    Colocar nunha orde determinada.

  6. v pron

    Adoptar unha disposición favorable ante unha situación que hai que afrontar.

  7. v pron

    Existir sinais de que algunha cousa está a punto de producirse.

Citas

  • Prepararon todo para a festa
  • Prepárase unha tempestade
  • Prepárate para oír calquera cousa
  • Preparou a cociña ao seu gusto, Preparou a terra para a sementeira
  • Preparouna para a mala noticia, Prepararon o enfermo para a operación
  • Preparouno para o exame
  • Preparouse para facer as probas
  • Preparouse para ir á cerimonia
Conxugar
VERBO preparar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparo
preparas
prepara
preparamos
preparades
preparan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparaba
preparabas
preparaba
preparabamos
preparabades
preparaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparei
preparaches
preparou
preparamos
preparastes
prepararon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparara
prepararas
preparara
prepararamos
prepararades
prepararan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepararei
prepararás
preparará
prepararemos
prepararedes
prepararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepararía
prepararías
prepararía
preparariamos
preparariades
prepararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepare
prepares
prepare
preparemos
preparedes
preparen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparase
preparases
preparase
preparasemos
preparasedes
preparasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparar
preparares
preparar
prepararmos
preparardes
prepararen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
prepara
-
-
preparade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparar
preparares
preparar
prepararmos
preparardes
prepararen
Xerundio preparando
Participio preparado
preparada
preparados
preparadas