prender

prender

lat v prendĕre, de prehendĕre

  1. v t

    Agarrar ou termar de algo ou de alguén para que non poida fuxir.

  2. v t

    Deter a alguén para metelo no cárcere.

  3. v t

    Accionar un dispositivo para acender a luz ou o lume.

  4. v t

    Acender lume a algunha cousa empregando o instrumento axeitado. Tm abs.

  5. v t

    Engancharse algo nalgunha cousa.

  6. v t

    Callar o leite para poder facer o queixo.

  7. v i

    Arraigar unha planta ou unirse ao enxerto.

  8. v i

    Fixarse ou agarrarse unha cousa a algo e transmitirlle as súas propiedades. Tm fig.

  9. v i

    Tatexar levemente.

Sinónimos

Citas

  • A vacina prendeulle sen problemas
  • Cando se pon nervioso prende un pouco, OBS: Adoita usarse na construción prender na fala
  • O cadea prendéralle no xersei
  • O lume prendeu no segundo piso e estendeuse pola casa
  • Os enxertos non prenderon, As tomateiras que puxen xa prenderon
  • Prendeu a vaca a un carballo, Prendeu as follas cun clip
  • Prendeu as luces de toda a casa
  • Prendeu o cigarro, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Os mistos non prenden porque están humidos
  • Prendeu o lume no monte, Prendeulle lume á casa
  • Viñeron os gardas e prendérono

Frases feitas

  • Prender o sono. Quedar durmido.

Conxugar
VERBO prender
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendo
prendes
prende
prendemos
prendedes
prenden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendía
prendías
prendía
prendiamos
prendiades
prendían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendín
prendiches
prendeu
prendemos
prendestes
prenderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendera
prenderas
prendera
prenderamos
prenderades
prenderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prenderei
prenderás
prenderá
prenderemos
prenderedes
prenderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendería
prenderías
prendería
prenderiamos
prenderiades
prenderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prenda
prendas
prenda
prendamos
prendades
prendan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prendese
prendeses
prendese
prendesemos
prendesedes
prendesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prender
prenderes
prender
prendermos
prenderdes
prenderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
prende
-
-
prendede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prender
prenderes
prender
prendermos
prenderdes
prenderen
Xerundio prendendo
Participio preso/prendido
presa/prendida
presos/prendidos
presas/prendidas