preexistencia
preexistencia
lat praeexistentĭa
-
s
f
Feito de preexistir.
-
preexistencia da alma
[RELIX/FILOS ]
Existencia da alma con anterioridade á súa unión co corpo, en certas relixións antigas e en diversas doutrinas filosóficas.
-
preexistencia de Cristo
[RELIX ]
Existencia eterna de Cristo previa á súa manifestación histórica na persoa de Xesús de Nazaret, en tanto que foi por el que Deus creou o mundo con vista á economía da salvación.