precipitación

precipitación

lat praecipitatĭōne

Plural: precipitacións
  1. s f

    Acción e efecto de precipitar ou precipitarse.

  2. s f

    Présa excesiva na realización das cousas.

  3. s f [METEOR ]

    Auga que procede da atmosfera e que en forma líquida ou sólida se deposita sobre a superficie terrestre.

  4. s f [QUÍM ]

    Separación dunha solución en forma de precipitado.

Sinónimos

Refráns

  • Aínda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
  • Anda a horne ao trote para levar cachote.
  • Anda o home a galope para levar á fin xarope.
  • Auga calle con arneiro quen se bota de lixeiro.
  • fillo aínda non o ternos e xa nome lle poñemos.
  • Inda non asamos e xa pingamos.
  • Inda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
  • Mentres que está o capador enriba dela, non digas que a parca é túa.
  • Non digas Pillei o gato mentres non o teñas no saco.
  • Non te botes a cantar, se non sabes o que has cantar.
  • O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.
  • O sabio pensa as causas e o parvo fainas.