precepto

precepto

lat praeceptu

Plural: preceptos
  1. s m

    Instrución, orde ou norma de conduta moral que provén dunha autoridade competente.

  2. s m

    Fórmula que ensina o que cómpre facer.

  3. s m [DER/RELIX ]

    Documento papal ou real onde constaba a concesión dun privilexio ou graza.

    1. s

      Obriga que teñen os cristiáns de gardar e celebrar o domingo e as festas relixiosas.

    2. precepto da Igrexa

      Cada unha das leis promulgadas polos concilios ou polos papas relativas á doutrina, culto e disciplina eclesiástica.

  4. preceptos do dereito [DER ]

    Mandamentos obrigatorios por natureza, definidos tamén como preceptos da lei natural, válidos para sempre e para todas as épocas.

Sinónimos