prata

prata

lat v *platta ‘lámina de metal’

Plural: pratas
    1. s

      Elemento metálico pertencente ao grupo I B da táboa periódica, de número atómico 47 e peso atómico 107,8682. É branco, de elevado poder reflector, dúctil, maleable e bo condutor da calor e da electricidade. Emprégase na obtención dos seus sales, na prateadura e na obtención de auga destilada.

    2. bromuro de prata [AgBr]

      Sólido en forma de pos ou cristais que ennegrecen por efecto da luz.

    3. nitrato de prata [AgNO 3 ]

      Sal de prata, empregada na preparación de haluros de prata, que ten aplicación na industria fotográfica como reactivo analítico, na fabricación de espellos, na tintura dos cabelos e como antiséptico e astrinxente.

    4. sulfuro de prata [Ag 2 S]

      Sólido en forma de pos, que se emprega en cerámica e para nielar.

    5. vitelinato de prata

      Proteína complexa que se emprega como antiséptico e astrinxente para lavados e colirios.

  1. s f

    Obxecto feito con este metal.

Refráns

  • Prata é sempre o que prata vale.

Palabras veciñas

praseo- praseodimio prasio prata prata pratada pratado