pranto

pranto

lat planctu ‘lamentación’

Plural: prantos
  1. s m

    Choro persistente e queixoso.

  2. s m [LIT ]

    Xénero poético derivado do planctus latino medieval, que consiste nun canto funerario que lamenta a morte dunha persoa.

Sinónimos

Refráns

  • Moitos van ao pranto, e cada un chora o seu crebanto.
  • Nin enterro sen pranto nin romaría sen santo.
  • O pranto nun enterro é como a gaita nun turreiro.

Palabras veciñas

prancha prancheta prandial pranto praseo- praseodimio prasio