prado

prado

lat pratu

Plural: prados
  1. s m
    1. Extensión de terra onde medra a herba que serve de alimento ao gando.

    2. [XEOG/BOT ]

      Terreo cuberto de herba, con predominio de poáceas, ciperáceas e papilonáceas.

  2. prado de indianos [HIST ]

    Prado anexo ou dependente dunha fábrica de indianos, onde se fervía, branqueaba e enxugaban os tecidos de algodón, antes de pintalos.

Confrontacións

herbal, herbeira, herbeiro, pradairo

Refráns

  • O prado quere seu procuro; e o labramio, labrador.