positivismo

positivismo

fr positivisme

Plural: positivismos
  1. s m

    Calidade de positivo.

  2. s m [DER ]

    Corrente xurídica que concibe o dereito como un sistema de normas e disposicións, sen que iso signifique que sexan indiferentes ao xurista as motivacións éticas e os xuízos de valor sobre as leis.

    1. s

      Actitude ou tendencia filosófica que establece os datos dos sentidos como fonte fundamental e practicamente exclusiva de todo coñecemento.

    2. s

      Corrente filosófica que xurdiu en Francia no primeiro terzo do s XX de mans de A. Comte, que propugnou a aplicación do método experimental ás ciencias humanas e considerou a metafísica e a teoloxía como sistemas imperfectos para o coñecemento.

    3. positivismo lóxico

      Corrente filosófica, orixinada no círculo de Viena, que concedeu especial importancia á comprobación científica e á utilización da lóxica formal para lograr o coñecemento. OBS: Tamén se denomina empirismo lóxico ou filosofía analítica.

  3. s m [LING ]

    Actitude ou tendencia teórica da lingüística que considera a linguaxe como un conxunto de elementos directamente analizables, determinados só por leis que os rexen, independentemente dos suxeitos falantes que os empregan.