porto
lat pŏrtu
-
-
s
[MAR/ENX ]
Abrigo natural ou artificial, nunha costa ou á beira dun río, onde permanecen seguros os barcos e se poden efectuar as operacións de embarque e desembarque das persoas e mercadorías.
-
s
Poboación á beira do mar ou dun río, con instalacións onde as naves poden ir cargar e descargar mercadorías.
-
porto artificial /
[MAR/ENX ]
Porto que presenta unha disposición natural modificada polo ser humano e no que se realizan obras exteriores de abrigo, como ampliación dun abeiro natural.
-
porto comercial /
[MAR/ENX ]
Porto que ofrece aos barcos as instalacións adecuadas para poder efectuar as operacións de embarque e desembarque en boas condicións.
-
porto deportivo /
[MAR/ENX ]
Porto que permite o abrigo de embarcacións deportivas ou de recreo.
-
porto de refuxio /
[MAR/ENX ]
Porto que serve para ofrecer abrigo ás embarcacións sorprendidas polo mal tempo no mar.
-
porto natural
[MAR ]
Porto que ofrece abeiro ás embarcacións pola mesma disposición natural da costa.
-
s
[MAR/ENX ]
-
s
m
Paso entre montañas que comunica as dúas vertentes.
-
s
m
Lugar por onde se pode atravesar un río.
-
s
m
[FÍS ]
Conxunto de entradas ou de saídas dun dispositivo electrónico complexo.
-
porto paralelo
[INFORM ]
Medio de conexión ao ordenador de dispositivos como a impresora ou o escáner onde a información se transfire de forma simultánea. OBS: Tamén se denomina porto de impresora.