portada

portada

porta

Plural: portadas
  1. s f
    1. Fachada principal de certos edificios.

    2. [ARQUIT ]

      Obra de ornamentación que, para realzar a fachada principal de certos edificios suntuosos, se fai tomando como motivo o portal de entrada.

  2. s f
    1. Unha das primeiras páxinas dun libro en que figuran os datos fundamentais deste.

    2. Primeira plana dun xornal ou dunha revista.

  3. s f

    Porta grande que pecha a entrada do curral.

  4. s f

    Golpe forte dunha porta ao pecharse violentamente.